CAPITULO EN GALEGO

junio 16, 2011

I. UN MUNDO EN 24 HORAS

Se voto unha ollada cara atrás, tan só un momento, podo comprobar que estando no mesmo lugar, puiden gozar de innumerables lugares, emocións e persoas.

Puiden comprobar o que é o sacrificio, o traballo duro, á perseveranza, e o sufrimento.

Paso a paso puiden comprobar sen apenas darme conta que desexando algo con forza podes conseguilo.

E aquí estou eu, sufrindo en cada centímetro do meu corpo o que é a dulce dor do sacrificio elevado o máximo exponente, sentindo por primeira vez na miña vida o que senten os campións , o dulce cheiro da victoria , o cheiro de saber que non hai nada que te faga desistir.

Sufro de verdade, esto non o vivía eu nos meus soños máis tolos e tampouco nos meus peores pesadelos.

Eu caín aquí de rebote, estába preparado para facer un IRONMAN e case non entendo que estou enrolado nunha carreira de 24 horas.

O día que vin o cartel nunha fiestra dunha tenda dixen : <<¿Pero isto existe Madri?>>

Pensei , non é posible¡ ¿Cómo pode ser que alguén poida correr durante 24 horas?.

No momento que rematou ese pensamento, a lama xa me daba polos nocellos, cando realmente pensei o que estaba a facer, xa tiña rematado a miña primeira maratón.

Cando realmente comprendín que a miña vida iba a xirar o redor de 24 horas xa tiña concluida a segunda maratón consecutiva, e só nese momento foi cando me percatei de todo o que acontecía, e comecei a desfrutar e a sufrir.

-1-

En ningún momento sentín medo, tanto na preparación coma na carrerira, estaba convencido do que estaba facendo, tiña a certeza de que chegaría tan lonxe como me propuxera, porque á vida o final e do que trata.

Temos un punto de partida, un de destino, aínda que moitas veces o camiño sexa complexo e escabroso, sempre temos que dar un paso máis, erguernos e sublevarnos, avanzar sen medo.

Vendo sempre o obxectivo, os noso soños, por que se hai algo que nos pertence, que é noso e que ninguén nos pode arrebatar eso son os nosos soños.

Coido que 24 horas para mín é algo máis que unha carreira, creo que é un espertar, un xeito de vivir a vida ao extremo, sempre en alerta, sempre con convición, sabendo que cada paso que das estas máis preto do que desexas, os soños fanse realidade, só se precisa constancia e convición, eu non son máis que ninguén, se non un máis, e o que realmente importa e o querer, o loitar.

E aquí estou comezando a terceira maratón consecutiva, deixando que a choiva e o caer da noite esbarar sobre o meu Corpo exhausto, sentindo como o poder da natureza, fai máis duro o meu camiño a cada paso que dou convertindo este nunha odisea, facendo que a soidade desta escura noite sexa inda máis leal compañeira, e sempre fiel a ela á dor que me castiga con cada zancada, con cada paso, para me lembrar que estou vivo, máis vivo que nunca, para traicionarme e convercerme de que non sería mala idea parar, darme por satisfeito.

Pensar que, ¿Para que diablos ir máis lonxe?, se non hai rivais, ¿Para que?

-2-

Sinxela pregunta con sinxela resposta, o meu rival máis directo o máis duro, aquel o que teño que vencer e a mín.

Eu teño que me bater a mín mesmo, convencerme de que sempre podo dar un paso máis aló, que non me podo conformar nunca, que nunca me podo rendir, se te rendes estas a renunciar a todo o que amas nesta vida, os teus soños , as tuas posibilidades, un pode retirarse unha vez, pero renderse nunca.

Así que avanzo pola desértica milla do carteiro, arrastrando unha perna cun centenar quilómetros de volta, en absoluta soidade con absoluto silencio, sentindo por primeira vez na miña vida o realmente duro que é o chan, o húmeda que é á auga e a cantidade de cousas que pode pensar alguén durante tanto tempo.

De cando en vez atópome con Xosé Manuel , e o organizador da proba, el labuta na escura e desoladora noite de maio que estamos a ter en procurar mellorar algún tramos do percorrido que as veces é inaccesible. É certo que non hai xente, apenas debe de haber un par de atletas a altas horas da madrugada, e as poucas veces que me atopo con el no camiño dame ánimos e díceme que xa queda menos, que agora só é restar.

Esta no certo , xa vislumbro como o día vaise abrindo paso entre a penumbra, vou notando como a dor é cada vez menos dolorosa e máis reconfortante, o obxestivo xa só é un arco, o arco que cambiaría completamente a miña vida.

Valeu a pena , dende o primeiro ata o derradeiro paso que din, todas e cada unha das bagoas e gotas de suor que quedaron no camiño, todas e cada unha das persoas que ata aló me levastes, esto non só sería unha victoria deportiva , esto sería o nacemento da miña nova vida, unha vida de vintecatro trepidantes e magníficas horas.

-3-

You Might Also Like

0 comentarios

Tumblr

Strava

Flickr Images